Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27289

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (426/2016).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 426/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Fragio Rivadulla contra Mármoles Cruceiro, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou resolución con data do 10 de maio de 2019, contra a cal se poderá interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Mármoles Cruceiro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza