Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27292

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 1123/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de seguridade social 1123/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Ganadería Recebes, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa decision di:

Que estimando a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a entidade Ganadería Recebes, S.L., debo condenar e condeno a empresa Ganadería Recebes, S.L. a que reintegre á Mutua a cantidade de 126.728,02 € en concepto de asistencia sanitaria, prestacións de incapacidade temporal e incapacidade permanente derivada das asistencias e prestacións aboadas por ela a José Antonio Ramos Penas, o seu traballador, consecuencia do accidente de traballo sufrido o 7 de xaneiro de 2016, consecuencia dos accidentes de traballo sufridos, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, no caso de insolvencia da empresa.

Notifíqueselle a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor recurso ningún.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo, maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ganadería Recebes, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, catorce de maio de dous mil dezanove

A letrada da Administración de xustiza