Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (ETX 28/2019).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 28/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Tania García Martínez contra a empresa Definiclas, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Declárase extinguida no día da data a relación laboral que unía a Tania García Martínez coa empresa Definiclas, S.L. e condénase a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome da traballadora: Tania García Martínez.

Indemnización: 1.968,56 euros (mil novecentos sesenta e oito euros con cincuenta e seis céntimos).

Salarios: 19.836,32 euros (dezanove mil oitocentos trinta e seis euros con trinta e dous céntimos).

Salarios debidos e vacacións non desfrutadas: 1.782,03 euros (mil setecentos oitenta e dous euros, con tres céntimos) co xuro moratorio do 10 %.

E para que sirva de notificación en legal forma a Definiclas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 10 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza