Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 5 de xuño de 2019 Páx. 27294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (PO 730/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número 730/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana María González Vila contra a entidade Frutas Elvifer, S.L.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Que estimando a demanda formulada por Ana María González Vila contra a empresa Frutas Elvifer, S.L.L., debo condenar e condeno a empresa demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 4.015,37 euros polos conceptos que se recollen na epígrafe de feitos probados; ás ditas cantidades seralles de aplicación unha recarga por mora do 10 % anual.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación, que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberase xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-0730-16, baixo apercibimento de non dar trámite ao recurso, agás que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes deles, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condenase ao pagamento de cantidade, o recorrente que non goce do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, consignar no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-730-16, a cantidade obxecto da condena, e poderase substituír a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

No caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberase dirixir á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario Xulgado do Social número 1 de Lugo e como “concepto” o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírteselles ademais ás partes que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, de ser o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para efectos de notificacións, dando cumprimento ao disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en forma a Frutas Elvifer, S.L.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de maio de 2019

O letrado da Administración de xustiza