Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26108

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 804/2016).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 804/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Otero Raviña contra a empresa Stylo Baño e Interiorismo, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte sentencia, cuxa parte dispositiva se xunta:

Resolución

Estímase a demanda presentada por instancia de José Antonio Otero Raviña contra a entidade Stylo Baño e Interiorismo, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 6.099,72 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos, máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

E igualmente, condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifican no importe de 200 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación que se deberá presentar no prazo de cinco días hábiles contado desde o seguinte ao da notificación da presente sentenza, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo da consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, respectando as consideracións e os requisitos previstos nos artigos 190 e 191, ambos da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o acorda, manda e asina.

E para que sirva de notificación en legal forma a Stylo Baño e Interiorismo, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza