Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26109

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 195/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 195/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Reboiras Pérez contra Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Refojo y González, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

Declárase que María Carmen Reboiras Pérez desiste da acción de nulidade de despedimento exercida na demanda que orixinou o procedemento.

E debo estimar a demanda presentada por instancia de María Carmen Reboiras Pérez, contra as entidades Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., contra María José Lorenzo Gómez como administradora concursal de Refojo y González, S.L., e contra Juan Manuel Capella Pérez como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., tendo sido citado o Fondo de Garantía Salarial, e, en consecuencia, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento e, en consecuencia, condeno as mercantís demandadas a que readmitan inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, con aboamento, de ser o caso, dos salarios de tramitación a razón de 40,88 €/día desde o día do despedimento ata a data de notificación da sentenza ou ben, á elección da empregadora, á extinción da relación laboral con aboamento da cantidade de 29.434,47 euros (tope máximo legal) en concepto de indemnización e custas na cantidade de 200 euros.

A opción referida entre a readmisión e a indemnización deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenxa, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Debo condenar e condeno a María José Lorenzo Gómez como administradora concursal de Refojo y González, S.L., e Juan Manuel Capella Pérez como administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., na súa soa condición de administradores concursais, a se ater á anterior declaración e condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, débese observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese as partes a presente resolución.

Modo de impugnación: advírtense as partes que contra a presente resolución se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto a nome desta oficina xudicial co núm. 1596, clave 65, e indicar no campo concepto “recurso” seguido do código “34 Social suplicación”, e acreditalo, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza