Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1215/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Rodríguez Landeira contra Cotemac, S.L., con intervención do Fogasa sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:
«Reforzo
Xuíz: Javier López Cotelo
Procedemento: despedimento nº 1215/2017.
Demandante: Marcos Rodríguez Landeira.
Letrado: Sr. Quintáns López.
Demandada: Cotemac, S.L.
Letrado: Fogasa
Sentenza nº 204/2019
A Coruña, 24 de abril de 2019.
Resolvo:
1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Marcos Rodríguez Landeira contra a empresa Cotemac, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral á data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no punto segundo desta parte dispositiva.
2º. A indemnización que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 34.579,41 euros.
3º. Condeno a empresa demanda a aboar ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento até data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 49,42 €/día, o que deita a cantidade de 26.128,32 euros.
O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando proceda.
Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.
Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela poderase interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.
Así o pronuncio, mando e asino».
E para que sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 30 de abril de 2019
A letrada da Administración de xustiza