Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26104

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (750/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento procedemento ordinario 750/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pilar Duarte Bona contra Ecored Comercio, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación cantidade núm. 750/2016.

Demandante: María Pilar Duarte Bona

Letrada: Sra. López Losada.

Demandada: Ecored Comercio, S.L.

Letrado: Fogasa

Sentenza núm. 17/2019

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019

Decido:

Estimo a demanda formulada por María Pilar Duarte Bona fronte a Ecored Comercio, S.L. e, en consecuencia, condeno a esta a abonar á primeira a suma de 2.749,81 euros brutos en concepto de débeda salarial polos conceptos e a desagregación contido en demanda.

O Fogasa pasará polo resolto nesta resolución sen prexuízo da aplicación do artigo 33 do ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, o pronuncio, mando e asino.

Asinado: Javier López Cotelo.

Publicada o día 23.1.2019.

Asinado: Marta Yanguas del Valle».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ecored Comercio, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións faranse fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xaneiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza