Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26102

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 1103/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1103/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Beade Feal contra Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., Ediciones Lenda, S.L., Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L., administración concursal Ediciones Lenda, S.L. (Carlos Manuel Costas Manzanares), administración concursal Compañía Carballal, S.L. (Carlos Manuel Costas Manzanares) con intervención do Fogasa, sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do seguinte teor literal:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento nº 1103/2017

Demandante: Patricia Beade Feal

Letrado: Sra. Leobalde Estapa

Demandadas:

– Ediciones Lenda, S.L. e a súa administración concursal

– Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e a súa administración concursal

Letrado:

– Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L.

Letrado:

– Nivardo López Canoura

Letrado:

Fogasa

Sentenza nº 249/19

A Coruña, 23 de abril de 2019

Decido:

1º. Estimar a demanda sobre despedimento formulada por Patricia Beade Feal contra a empresa Ediciones Lenda, S.L. e a Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral á data desta sentenza. Todo iso con condena das empresas ao aboamento da indemnización detallada no punto segundo desta parte dispositiva.

2º. A indemnización que aboarán as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 4.600,54 euros.

3º. Condeno a empresa demanda a aboar ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento até data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 61,96 €/día, o que deita a cantidade de 35.379,16 euros, sen prexuízo da detracción que puider corresponder polo feito probado de que desde o 29.3.2018 a demandante comezou a traballar para unha nova empresa.

4º. Teño por desistido a demandante da pretensión dirixida fronte a Grupo Empresas Reunidas Lenda, S.L. e fronte a Nivardo López Canoura.

5º. O Fogasa e a administración concursal das condenadas deberán pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L. en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza