PO. Procedemento ordinario 215/2018
Procedemento de orixe: sobre ordinario
Demandante: Afrodisio Cancelo Carro
Avogado: Juan Pardavila Figueirido
Demandados: Grupo Pontuscar, S.L., Fogasa
Avogado/a: letrado/a de Fogasa
Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 215/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Afrodisio Cancelo Carro contra Grupo Pontuscar, S.L., se ditou o Decreto do 11 de abril de 2019 contra o cal cabe recurso directo de revisión, que está á súa disposición na oficina xudicial.
Para que lle sirva de notificación en legal forma a Grupo Pontuscar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 3 de maio de 2019
A letrada da Administración de xustiza