Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 28 de maio de 2019 Páx. 26099

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (1060/2017).

F02 Faml. Gard., Custdo Ali. Fillo menor non matri non C 1060/2017-LE

Procedemento orixe: /

Sobre outros familia incidentes

Demandante: María Teresa Castro Gómez

Procuradora: Ana Isabel Crespo Damota

Demandado: José Ramón García Domínguez

No procedemento de referencia foi ditada a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza alimentos

Sentenza nº 1224/17

Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.

Ourense, 9 de novembro de 2017

Vistos os presentes autos nº 1060/17 sobre alimentos promovidos pola procuradora Sra. Crespo en nome e representación de María Teresa Castro Gómez, como demandante, asistida pola Sra. Fernández, contra José Ramón García Domínguez, declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal,

Decido:

Estimar a demanda presentada pola procuradora Sra. Crespo en nome e representación de María Teresa Castro Gómez contra José Ramón García Domínguez e aprobo o convenio regulador que figura unido ás actuacións, co que as partes quedan obrigadas ao seu cumprimento.

Todo iso sen especial pronunciamento sobre as custas procesuais.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal, constituíndo o depósito legalmente establecido.

Así o acorda, manda e asina S.Sª»

E como consecuencia do ignorado paradoiro de José Ramón García Domínguez, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 23 de abril de 2019

A letrada da Administraciónde xustiza