Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24602

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (MCC 63/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento medidas cautelares previas 63/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos García Freita contra Innovis Laboratorios, S.L.U., Novocat Farma, S.A. e Adriana Leonor Rizzo Tamaro, sobre actos prepara. e medi. p, se ditou a seguinte resolución:

Acordo

– Decretar o embargo preventivo sobre os saldos existentes en calquera das contas bancarias en que aparezan como titulares os demandados, ata cubrir o importe de 34.000 euros.

– Decretar o embargo preventivo sobre as devolucións de IVE ou de IRPF ou calquera outro imposto que as executadas teñan ao seu favor na Axencia Tributaria ata cubrir o importe de 34.000 euros.

Practíqueo en ambos os casos telematicamente a través da aplicación CDCX a letrada da Administración de xustiza.

– Decretar o embargo preventivo da maquinaria, instrumental e mobiliario existente na nave sita na rúa Gandarón nº 7, A Ramallosa, Teo.

Para isto expídase mandamento ao persoal do corpo de auxilio xudicial para que, asistido pola letrada da Administración de xustiza ou persoal do corpo de xestión procesual, se constitúa no indicado domicilio, co obxecto de practicar o embargo preventivo, con expresa identificación dos bens embargados. Autorízase expresamente para que, no caso de estar pechado, se leve a efecto este forzando o fecho da porta a través das medidas precisas, para o que se solicitará o auxilio da forza pública se for necesario.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación. Advírtense as partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de reposición, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1596, clave 64 N, no Banesto, e indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda, manda e asina María Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Innovis Laboratorios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza