Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24601

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 65/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 65/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago Pais Mayo contra a empresa Redalux, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Que, estimando integramente a demanda de resolución contractual e reclamación de cantidade interposta por Santiago Pais Mayo contra Redalux, S.L., debo declarar e declaro extinguida, con data desta resolución, a relación laboral existente entre o demandante e a mercantil demandada por incumprimento contractual grave imputable á demandada, e debo condenar e condeno a Redalux, S.L. a que lle aboe a Santiago Pais Mayo a suma de 67.735,90 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual e a suma de 18.031,68 euros brutos en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil a partir desta resolución.

Notifíqueselles ás partes esta resolución, e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Para que sirva de notificación en legal forma a Redalux, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza