Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24599

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 523/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 523/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Patricia Vanesa Guevara Martínez contra Cocina Fusión Tamei, S.L., Tamei Restauración, S.L., Abeiradaria, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Procedemento ordinario 523/2016

Sobre ordinario

Demandante: Patricia Vanesa Guevara Martínez

Avogada: María Teresa Míguez Castelos

Demandados: Cocina Fusión Tamei, S.L., Tamei Restauración, S.L., Abeiradaria, S.L., Fogasa

Avogado/a: letrado do Fogasa

Auto

Maxistrado xuíz: Javier López Cotelo

Na Coruña o vinte e tres de abril de dous mil dezanove.

Parte dispositiva

– Procede a aclaración e complemento da sentenza ditada nos termos seguintes:

– No feito probado segundo onde di: «3.137,98 euros», debe dicir: «5.689,94 euros».

– Na resolución, débese substituír o número 1º recollido na sentenza polo seguinte:

«1º. Estimo a demanda formulada por Patricia Vanesa Guevara Martínez fronte á empresa Cocina Fusión Tamei, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de 5.689,94 euros polos conceptos expostos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET».

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cocina Fusión Tamei, S.L., Tamei Restauración, S.L. e Abeiradaria, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza