Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24597

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1184/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1184/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandy Hernández Domínguez contra Cotemac, S.L., coa intervención do Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1184/2017.

Demandante: Sandy Hernández Domínguez.

Letrado: Sr. Quintáns López.

Demandada: Cotemac, S.L.

Fogasa

Letrada: Sra. Prosper Montalvo.

Sentenza 183/2019

A Coruña, 3 de abril de 2019

Resolución

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Sandy Hernández Domínguez fronte á empresa Cotemac, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data de efectos do despedimento. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 15.487,85 euros.

3º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución, sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando cumpra.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela poderase interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza