Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1185/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ramón Souto Balsa contra Cotemac, S.L., coa intervención do Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:
Xuíz: Javier López Cotelo.
Procedemento: despedimento 1185/2017.
Demandante: José Ramón Souto Balsa.
Letrado: Sr. Pérez López.
Demandada: Cotemac, S.L.
Fogasa
Letrada: Sra. Prosper Montalvo.
Sentenza 185/2019
A Coruña, 3 de abril de 2019
Resolución
1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Ramón Souto Balsa fronte á empresa Cotemac, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data de efectos do despedimento. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.
2º. A indemnización que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 44.542,94 euros.
3º. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución, sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando cumpra.
Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.
Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.
Así o pronuncio, mando e asino.
E para que sirva de notificación en legal forma a Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 17 de abril de 2019
A letrada da Administración de xustiza