Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24593

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DOI 1212/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 1212/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Placer Fraga contra Cotemac, S.L., coa intervención do Fogasa sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despido número 1212/2017

Demandante: Juan Manuel Placer Fraga

Letrado: Sr. Pedreira Candal

Demandados: Cotemac, S.L., Fogasa

Sentencia nº 177/2019

A Coruña, 10 de abril de 2019

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Juan Manuel Placer Fraga fronte á empresa Cotemac, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 53.097,05 euros.

3º. Condeno a empresa demanda a que aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 54,25 €/día, o que dá a cantidade de 28.752,50 euros.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución, sen prexuízo dos límites da súa responsabilidade cando cumpra.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela poderase interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamentoo.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma á demandada Cotemac, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza