Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24604

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (MCC 63/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de medidas cautelares previas 63/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos García Freita contra Innovis Laboratorios, S.L.U., Novocat Farma, S.A. e Adriana Leonor Rizzo Tamaro, sobre actos prepara. e medi. p, se ditou a seguinte resolución:

Acordo a adopción da medida cautelar de eximir o demandante Carlos García Freita de acudir a prestar servizos, con mantemento da obriga do empresario de aboar o salario e a cotización correspondente durante a tramitación da causa principal, sen prexuízo do que se poida resolver na sentenza que nela se dite.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos definitivos e déixese testemuño na presente peza separada e no procedemento principal de que esta dimana.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Modo de impugnación. Advírtense as partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de reposición, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1596, clave 64 N, no Banesto, e indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o pronuncia, manda e asina.

A maxistrada xuíza

E para que sirva de notificación en legal forma a Innovis Laboratorios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza