Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2019 Páx. 24606

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 683/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 683/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eloy Moreira Antelo contra Montaxes Comerciais do Barbanza, S.L. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza

Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2019

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 683/2017, en que foron parte, como demandante Eloy Moreira Antelo, asistido polo graduado social Sr. Castro Wagner e, como demandados, a empresa Montaxes Comerciais do Barbanza, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes

Resolución

Estímase a demanda interposta por Eloy Moreira Antelo fronte á empresa Montaxes Comerciais do Barbanza, S.L. e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.749,53 euros en concepto de indemnización por cesamento, cos xuros legais desde a data de presentación da papeleta de conciliación, e a cantidade de 3.288,52 euros en concepto de salarios, máis o 10 % de xuro por mora respecto desta cantidade. Condénase a demandada ao pagamento dos honorarios do profesional que asiste a parte demandante dentro do límite legal.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, de ser o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a cal cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta bancaria aberta a nome desta oficina xudicial, e acreditalo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Montaxes Comerciais do Barbanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza