Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23649

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 618/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento con número DSP 618/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Bouchra Bettachni contra a empresa María Belén Cabana Bodenlle (Cafetería Pachín), sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Que, aceptando a demanda formulada por Bouchara Bettachni contra a empresa María Belén Cabana Bodenlle (Cafetería Pachín), declaro improcedente o despedimento da demandante con efectos do 1 de xuño de 2018 e condeno a demandada a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir a demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade de 468,20 euros, sen salarios de tramitación. Debe pór en coñecemento do xulgado no prazo antedito se optan ou non pola readmisión. En caso de que se opte pola readmisión, a traballadora terá dereito aos salarios de tramitación a razón de 34,05 euros diarios.

Así mesmo, condénoa a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.226,53 euros en concepto de salarios do mes de maio de 2018 e de compensación económica por vacacións non gozadas, cos xuros moratorios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor, ante este xulgado, recurso de suplicación que resolverá a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O recurso de suplicación deberá anunciarse ante este xulgado, por escrito ou comparecencia, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación da sentenza.

Ao anunciar o recurso deberá xuntar o documento que acredite o ingreso de 300 euros como depósito para recorrer no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento número 2322-0000-65-618-18, baixo o apercibimento de non dar trámite ao recurso, salvo que o recorrente sexa traballador, habente causa seu, beneficiario do réxime público da Seguridade Social, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes destes, sindicato ou beneficiario do dereito á asistencia xurídica gratuíta.

Ademais, cando a sentenza condene ao pagamento de cantidade, o recorrente que non gozou do beneficio de xustiza gratuíta deberá acreditar, no momento de anunciar o recurso, ter consignado no Banco Santander, na conta de depósitos e consignacións deste xulgado correspondente ao presente procedemento 2322-0000-60-618-18, a cantidade obxecto da condena. A consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval solidario de duración indefinida e pagadoiro por primeiro requirimento emitido por entidade de crédito.

En caso de que algún dos anteriores ingresos se verifique mediante transferencia bancaria, esta deberá dirixirse á conta ES 55 0049 3569 92 0005001274, facendo constar como beneficiario o Xulgado do Social número 1 de Lugo e como concepto o número de conta correspondente ao presente procedemento que proceda dos dous mencionados nos dous parágrafos que anteceden.

Advírtense ademais as partes de que deberán facer constar nos escritos de interposición do recurso e de impugnación, se é o caso, un domicilio na sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, para os efectos de notificacións, dándolle cumprimento ao disposto no artigo 198 da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en forma á empresa María Belén Cabana Bodenlle (Cafetería Pachín), en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 5 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza