Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23651

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (535/2017).

Procedemento ordinario 535/2017.

Sobre ordinario.

Demandante: Ainhoa Rodríguez Suárez.

Avogado: Gonzalo Granxa Guillán.

Demandados: Alfonso Aspres Campos, Eva Viñas Domínguez, Sara Carballo Luengos, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Jovi Coirón, C.B.

Avogado/a: Montserrat Trillo Nouche, letrado do Fogasa.

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que nos autos número 535/2017 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Ainhoa Rodríguez Suárez contra a empresa Jovi Coirón, C.B. sobre ordinario, ditouse auto de aclaración de sentenza no día da data, que se atopa á súa disposición na oficina xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma Alfonso Aspres Campos, Sara Carballo Luengos e Jovi Coirón, C.B., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza