Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23652

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 211/2015).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 211/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Guadalupe Fuentes Porto contra Toner 10, S.L., Alberto Madroño Hernández, o Fondo de Garantía Salarial, Sara Madroño Fernández, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018.

Parte dispositiva:

Estimo o recurso de revisión interposto por Guadalupe Fuentes Porto contra o decreto ditado o 28 de setembro de 2018 na presente executoria, o cal se revoga parcialmente e, en consecuencia, efectúanse os pronunciamentos seguintes:

a) Declárase os executados Toner 10, S.L. e Sara Madroño Fernández en situación de insolvencia parcial por importe de 30.437,41 euros de principal e 3.050,66 euros en concepto de xuros e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquívanse as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens dos executados.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso (ex art. 191.4 LRXS).

Así o pronuncia, manda e asina, Paula Méndez Domínguez, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela. Dou fe.

A maxistrada xuíza. A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o acordado. Dou fe.

Para que sirva para efectos publicitarios a declaración de insolvencia de Sara Madroño Fernández, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza