Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 15 de maio de 2019 Páx. 23648

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (13/2017).

Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 13/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Natalia Ures López contra Anseris Hostelería, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse resolución o 16.4.2019 contra a que non cabe recurso por razón da contía, sen prexuízo do disposto no artigo 191.3 da LRXS, facéndolles saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Anseris Hostelería, S.L., expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de abril de 2019

O letrado da Administración de xustiza