Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22969

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 881/2017).

PO. Procedemento ordinario 881/2017-MF

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Silviu Asan

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), José Ramón Collazo Yáñez

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 881/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silviu Asan contra o Fondo de Garantía Salarial e José Ramón Collazo Yáñez, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza:

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2019

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos seguidos neste xulgado co número 881/2017, en que son parte, como demandante, Silviu Asan, asistido pola graduada social Sra. Mallo Nieves, e, como demandado, o empregador José Ramón Collazo Yáñez, que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Silviu Asan contra José Ramón Collazo Yáñez e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 3.873,90 euros. Son de aplicación os xuros por mora do 10 %.

Todo isto sen prexuízo da responsabilidade, de ser o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e fágaselles saber que é firme e que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a José Ramón Collazo Yáñez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza