Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22968

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 246/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 246/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Suárez Mesejo contra a empresa Transcerofer, S.L. e a Sociedad Estatal Correos y Telégrafos, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Acéptase parcialmente a demanda presentada por instancia de Daniel Suárez Mesejo fronte á entidade Transcerofer, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 832,48 euros como cantidade debida en concepto de salarios debidos e vacacións non desfrutadas, máis o xuro de mora do 10 % sobre a devandita cantidade. E, igualmente, condénase a entidade Transcerofer, S.L. ao pagamento dos honorarios do letrado, que se cuantifica no importe de 200 euros.

Rexéitase a demanda presentada por instancia de Daniel Suárez Mesejo fronte á Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos, S.A., e absólvese a demandada de todos os pedimentos contra ela dirixidos.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que esta é firme e contra ela non cabe recurso ningún».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Transcerofer, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza