Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22967

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 523/2018).

Eu, Belén Pereira Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 523/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Noelia Gómez Fabello contra a empresa María Cruz Arangunde Chaves, sobre ordinario, ditouse sentenza o 15 de xaneiro de 2019, contra a que non cabe recurso ningún, que se atopa á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Cruz Arangunde Chaves, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 22 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza