Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22966

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 763/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 763/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laurentino Pires Gomes contra o Fondo de Garantía Salarial e Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L., sobre ordinario, se ditou a sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Laurentino Pires Gomes contra a entidade Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 5.220,05 euros brutos por salarios devindicados entre abril e xuño de 2016, ambos inclusive, parte proporcional da paga extra de xuño de 2016 e a compensación económica polas vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais, e 626,31 euros como indemnización por fin de contrato temporal.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Gecoga Construcciones y Proyectos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza