Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (411/2017-MA).

Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 411/2017 por instancia de Isabel Arias Míguez contra Shivshi, S.L. e Confecciones Fraga, S.L., sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 8 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Isabel Arias Míguez fronte ás empresas Shivshi, S.L. e Confecciones Fraga, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento da traballadora con data de efectos do 3 de abril de 2017.

– Condénase a empresa Shivshi, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 42.503,06 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 40,05 euros diarios. Das devanditas cantidades responderá solidariamente a empresa Confecciones Fraga, S.L., vinculando estas os administradores concursais de ambas.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública. Dou fe.

Para que sirva de notificación en forma a Shivshi S.L. e Confecciones Fraga, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 23 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza