Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22963

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (PO 1021/2016).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos 1021/2016 por instancia de Cristina Zas Cadierno contra ALN Telemark, S.L. e outros, sobre procedemento ordinario, nos cales se ditou a Sentenza do 9 de abril de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda formulada por Cristina Zas Cadierno contra a empresa ALN Telemark, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

Condénase a empresa ALN Telemark, S.L. a aboarlle a Cristina Zas Cadierno a cantidade de dous mil cincocentos setenta e un euros con vinte e oito céntimos de euro (2.571,28 euros); os conceptos salariais devindican o xuro moratorio do 10 % e tales cantidades vincúlanse ao administrador concursal de ALN Telemark, S.L.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma a ALN Telemark, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza