Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 13 de maio de 2019 Páx. 22971

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso- administrativo PO 395/2018 contra a Resolución do 6 de marzo de 2018 pola que se acorda inadmitir a revisión de oficio de actos nulos da Resolución do 3 de decembro de 2009 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo cal solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 395/2018 contra a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 6 de marzo de 2018, pola que se acorda inadmitir a revisión de oficio de actos nulos da Resolución do 3 de decembro de 2009 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2019

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública