Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20569

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1036/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1036/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pilar Taibo Torrado contra Walter Omar Vadell López, Barrañán, S.C., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade número 1036/2017.

Demandante: Pilar Taibo Torrado.

Letrado: Sr. Páramo Sureda.

Demandados: Walter Omar Vadell López, Barrañán, S.C., Fogasa.

Sentencia número 206/2019.

A Coruña, 28 de marzo de 2019.

Resolución.

1º. Estimo parcialmente a demanda sobre reclamación de cantidade formulada por Pilar Taibo Torrado fronte á empresa Barrañán, S.C. e, en consecuencia, condeno esta a aboar á primeira a suma de 606,46 euros polos conceptos expostos, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

2º. Tense por desistida a demandante das pretensións dirixidas fronte a Walter Omar Vadell López polo que se absolve de todo pedimento dirixido fronte a el.

O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Walter Omar Vadell López e Barrañán, S.C., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza