Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 34/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Castro Calvelo contra a empresa Pescados Carbia, S.L., sobre despedimento, ditouse decreto de insolvencia do 2 de abril de 2019 impugnable en revisión no prazo de tres días, que se atopa á súa disposición na sede xudicial.
E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Carbia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.
Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 3 de abril de 2019
A letrada da Administración de xustiza