Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20567

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de notificación de auto de aclaración de sentenza (374/2018).

Procedemento ordinario 374/2018

Sobre ordinario

Demandante: María Carmen Álvarez Costoyas

Graduada social: Pilar Concheiro Filgueira

Demandados: Fogasa, Complementos Policiais, S.L.

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 374/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Álvarez Costoyas contra Complementos Policiais, S.L., ditouse auto de aclaración de sentenza do 2 de abril de 2019, contra o que non cabe recurso ningún, que está á súa disposición na oficina xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Complementos Policiais, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 3 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza