Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 22/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Belén del Oro Cores contra a empresa Hermanos Miguélez, C.B., sobre ordinario, ditouse dilixencia de ordenación, auto despachando execución e decreto do 8 de febreiro de 2019 impugnables en reposición no prazo de tres días, que se atopan á súa disposición na sede do xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Hermanos Miguélez, C.B., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.
Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Pontevedra, 11 de febreiro de 2019
A letrada da Administración de xustiza