Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20565

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (316/2018).

Eu, María Jesús Hernando Areas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 316/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Laura Ouviña Ferradas contra Trooper Casual, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Laura Ouviña Ferradas contra a entidade Trooper Casual, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Trooper Casual, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.609,58 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en decembro de 2017, xaneiro de 2018 e a compensación económica polas vacacións non gozadas no ano 2018, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Trooper Casual, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza