Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20564

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Padrón

EDICTO (49/2018).

Procedemento ordinario 49/2018

Demandante: Recambios Santiagueses, S.L.

Procurador: José Belmonte Pose

Demandada: Construcciones y Excavaciones Castaño, S.L.

Resolución: Sentencia número 79, do 26 de novembro de 2018.

Impugnación: cabe formular recurso de apelación ante este xulgado dentro do prazo de 20 días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, expoñendo as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e con expresión dos pronunciamentos que impugna.

En atención ao descoñecemento do actual domicilio da demandada Construcciones y Excavaciones Castaño, S.L., de acordo co disposto no artigo 497.2 da LAC, acordouse notificarlle a sentenza por medio deste edicto e fáiselle saber que esta se atopa á súa disposición neste xulgado.

Este edicto cumpre coas condicións de publicación establecidas na Instrución 6/12 da Secretaría Xeral da Administración de xustiza.

Padrón, 15 de febreiro de 2019

A letrada da Administración de xustiza