Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Venres, 26 de abril de 2019 Páx. 20571

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de auto de aclaración de sentenza (PO 433/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 433/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Serxio Gómez Recouso contra ALN Telemark, S.L., administrador concursal de ALN Telemark, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

A Coruña, 27 de marzo de 2019

Parte dispositiva:

Procede o complemento de sentenza instado no sentido exposto na fundamentación xurídica desta resolución:

Debe completarse a resolución ditada cun novo parágrafo que segue ao xa ditado:

“O Fogasa e a administración concursal de ALN Telemark, S.L. (hoxe ALN Telemarketing BPO, S.L.) deben pasar polo resolto na presente resolución”.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a ALN Telemark, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza