Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20220

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (169/2016).

Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Mónica Sánchez Villar fronte a Douglas Fernando Ferreira Machado, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Divorcio contencioso nº 169/2016.

Sentenza nº 135/2018.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2018.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, os presentes autos de divorcio contencioso nº 169/2016 promovidos pola procuradora Sra. Fernández Durán, en nome e representación de Mónica Sánchez Millán, asistida da letrada Sra. Suárez Chorén, fronte a Douglas Fernando Ferreira Machado, representado pola procuradora Sra. Domelo Gómez e asistido da letrada Sra. Platero, aínda que ambas as profesionais renunciaron finalmente a tal representación e defensa. A rebeldía procesual do demandado motiva a ausencia de nova designación de procurador e letrado, sen intervención da representante do Ministerio Fiscal.

Decisión:

Que estimando parcialmente a demanda deducida pola procuradora Sra. Fernández Durán, en nome e representación de Mónica Sánchez Millán, asistida da letrada Sra. Suárez Chorén, fronte a Douglas Fernando Ferreira Machado, representado pola procuradora Sra. Domelo Gómez e asistido da letrada Sra. Platero, aínda que ambas as profesionais renunciaron finalmente a tal representación e defensa e motivando a rebeldía procesual do demandado a ausencia de nova designación de procurador e letrado, sen intervención da representante do Ministerio Fiscal, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o 22.7.2011 en Ames, inscrito no tomo 31, páxina 221, Sección Segunda do Rexistro Civil desa localidade, e a adopción das seguintes medidas definitivas:

a) Atribución á demandante do uso da vivenda familiar sita no Milladoiro, Panasqueira, nº 2-22 A, Ames, xunto co enxoval familiar.

b) Desestimación das restantes pretensións articuladas na demanda, que se deberán canalizar a través da liquidación da sociedade de gananciais e/ou da execución de título xudicial seguida entre as mesmas partes.

En canto sexa firme a presente resolución, expídase testemuño dela ao Rexistro de Ames co fin de practicar as oportunas anotacións.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución será firme de non se interpoñer recurso de apelación fronte a ela na forma e prazos previstos nos artigos 458 e seguintes de Lei de axuizamento civil e disposición adicional 15ª da LOPX.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e do seu partido xudicial.

Publicación: a anterior resolución leuna e publicouna o xuíz que a ditou en audiencia pública, no día da data; dou fe».

E ao estar o dito demandado, Douglas Fernando Ferreira Machado, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza