Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20222

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (840/2017).

Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fai saber que no presente procedemento XVB 840/2017, seguido por instancia de Fincas Aceredo, S.L. fronte a María de la Concepción Pérez Muñoz, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza:

Vigo, 14 de novembro de 2018.

Ana Araceli Muñoz Martín, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo e o seu partido, tendo visto os presentes autos de xuízo verbal 840/2017-t seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante Fincas Aceredo, S.L., con CIF nº B85416956, representada polo procurador Jesús Antonio González-Puelles Casal e asistida da letrada María del Pilar Gil Sánchez, e doutra, como demandada, María de la Concepción Pérez Muñoz, con DNI nº 35311787W, declarada en situación procesual de rebeldía, ditou a seguinte

Resolución:

Estimando integramente a demanda interposta por Fincas Aceredo, S.L. fronte a María de la Concepción Pérez Muñoz, debo condenar e condeno a que esta lle aboe á demandante a suma de 1.940 euros máis os xuros legais desde a reclamación xudicial, así como ao pagamento das custas.

Modo de impugnación: contra esta sentenza non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

(Segue sinatura da maxistrada xuíza).

E ao estar a dita demandada, María de la Concepción Pérez Muñoz, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 5 de marzo de 2019

O letrado da Administración de xustiza