Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20218

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4138/2018-M).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4138/2018-M

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 557/2016. Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

Recorrentes: Ana María Fandiño García, Raquel Rocha Lapido

Avogada: Ana Isabel Lorenzo Fraga

Graduado social: Juan Alberto Campos Couso

Recorridas: Onet Iberia Soluciones, S.A.U., Marta Vigo Fernández , Esther Rodríguez Vázquez

Avogada: María del Mar Rodríguez López

Eu, Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4138/2018 desta sección, seguido por instancia de Ana María Fandiño García e Raquel Rocha Lapido contra Onet Iberia Soluciones, S.A.U., Marta Vigo Fernández, Esther Rodríguez Vázquez, sobre outros dereitos laborais, ditouse a seguinte resolución:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación articulado, respectivamente, por Ana María Fandiño García e por Raquel Rocha Lapido contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, do 20 de febreiro de 2018, en autos número 557/2016 e 560/2016, instados polas aquí recorrentes fronte á mercantil Onet Seralia, S.A., con intervención de Marta Vigo Fernández e de Esther Rodríguez Vázquez, sobre recoñecemento de dereito, confirmamos a resolución de instancia. Non se fai expresa imposición das custas do recurso.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Esther Rodríguez Vázquez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de abril de 2019

A letrada da Administración de xustiza