Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Xoves, 25 de abril de 2019 Páx. 20216

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3612/2018 PM).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 3612/2018 PM

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 1066/2016. Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrentes: Marcelino Martínez, S.L., José Romero Diz

Avogado/a: Marcos Castro Álvarez, Rosa María Tarrago Nesta

Recorrido/s: José Antonio Rodríguez Domínguez, Mapfre España, S.A., Consycar, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., David Fernández Grande, S.L., Granitos Martínez, S.A., Blokdegal, S.A., Ramón Gil Iglesias, Granitos Budiño, S.L., Granitos Os Rapaces, S.L.

Avogado/a: Manuel Zorrilla Riveiro, Fernando García Arca, José Luis Brea Sanmartín, Alfredo Briales Porcioles, Rafael de Larriva Pereira, Gema García Gómez

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección 1 da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3612/2018 desta sección, seguido por instancia de José Romero Diz contra a empresa José Antonio Rodríguez Domínguez, Mapfre España, S.A., Consycar, S.L., Allianz Compañía de Seguros y Reaseguros, S.A., David Fernández Grande, S.L., Granitos Martínez, S.A., Blokdegal, S.A., Ramón Gil Iglesias, Granitos Budiño, S.L., Granitos Os Rapaces, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que estimamos en parte o recurso de suplicación formulado polo demandante José Romero Diz e desestimamos o da codemandada Marcelino Martínez, S.L. contra a sentenza ditada o 19.1.2018 polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, en autos número 1066/2016, sobre indemnización de danos e perdas, seguido por instancia do demandante contra Marcelino Martínez, S.L., Consycar, S.L., David Fernández Grande, S.L., Granitos Martínez, S.A., Blockdegal, S.A., José Antonio Rodríguez Domínguez, Ramón Gil Iglesias, Granitos Budiño, S.L., Granitos Os Rapaces, S.L., Mapfre España, S.A. e Alliance Cía. de Seguros y Reaseguros, S.A., e con revogación parcial da devandita resolución acollemos en parte o recurso do demandante e fixamos a indemnización na suma de cento dez mil euros (110.000 €), mantendo no resto a resolución impugnada, en canto a responsables e proporcionalidade no pagamento do devandito importe ao demandante.

En canto a aseguramento, depósito e custas, obsérvese o razoado.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Antonio Rodríguez Domínguez, Ramón Gil Iglesias, Granitos Budiño, S.L., Granitos Os Rapaces, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza