Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19516

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1113/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1113/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Blanco Martínez contra Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., Nivardo López Canoura, Ediciones Lenda, S.L., Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L., Carlos Costas Manzanares administrador concursal de Ediciones Lenda, S.L., Carlos Costas Manzanares administrador concursal de Inmobiliaria Carballal, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1113/2017.

Demandante: José Blanco Martínez.

Letrada: Sra. Leobalde Estapa.

Demandadas:

– Ediciones Lenda, S.L. e administración concursal desta.

– Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e administración concursal desta.

Letrado: (…).

– Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L.

Letrado:

– Nivardo López Canoura

Letrado:

Fogasa.

Sentenza 162/2019.

A Coruña, 13 de marzo de 2019.

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por José Blanco Martínez fronte á empresa Ediciones Lenda, S.L. e Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena das empresas ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta sentenza.

2º. A indemnización que aboarán as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 96.604,20 euros.

3º. Condeno a empresa demanda a que lle aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe, a razón de 76,67 €/día, o que dá a cantidade de 41.248,46 euros.

4º. Teño por desistido o demandante actor da pretensión dirixida fronte a Grupo Empresas Reunidas Lenda, S.L. e fronte a Nivardo López Canoura.

5º. O Fogasa e a administración concursal das condenadas deberán pasar polo decidido nesta resolución.

Dedúzase testemuño desta sentenza á Inspección de Traballo e de Seguridade Social da Coruña e á Administración Tributaria da Coruña para que, de ser o caso, inicien as actuacións que tivese por conveniente para exixir o cumprimento da legalidade vixente en relación co pagamento parcial do salario en B do traballador accionante tanto en relación con el como coas empresas condenadas.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselle esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza