Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19519

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1118/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1118/2017 deste Xulgado do Social 4 de reforzo, seguido por instancia de Verónica Pérez Rodríguez contra Pizzapastarito, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 1118/2017

Demandante: Verónica Pérez Rodríguez

Letrado: Sr. Quintáns López

Demandados: Pizzapastarito, S.L., Fogasa

Sentencia número 160/2019

A Coruña, 13 de marzo de 2019.

Resolución

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Verónica Pérez Rodríguez fronte á empresa Pizzapastarito, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza. Todo iso con condena da empresa ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deben aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 2.642,55 euros.

3º. Condeno a empresa demanda a que aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento á data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 41,78 euros/día, o que dá a cantidade de 22.644,76 euros.

4º. O Fogasa deberá pasar polo decidido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pizzapastarito, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza