Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19521

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1110/2017).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1110/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Domingo Torreiro Costa contra Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L., Nivardo López Canoura, administrador concursal de todas as empresas (Carlos Manuel Costas Manzanares) sobre despedimento, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento nº 1110/2017.

Demandante: Domingo Torreiro Costa.

Letrado: Sra. Leobalde Estapa.

Demandados:

– Ediciones Lenda, S.L. e administración concursal desta.

– Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e administración concursal desta.

Letrado:

– Grupo de Empresas Reunidas Lenda, S.L.

Letrado:

– Nivardo López Canoura

Letrado:

Fogasa

Sentenza nº 161/2019

A Coruña, 13 de marzo de 2019

Fallo:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Domingo Torreiro Costa fronte á empresa Ediciones Lenda, S.L. e Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e a extincion da relación laboral na data desta sentenza. Todo isto con condena das empresas ao aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución.

2º. A indemnización que deberán aboar as empresas demandadas, segundo o disposto no número anterior, ascende á cantidade de 4.217,10 euros.

3º. Condeno a empresa demanda a que aboe ao traballador os salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a data da extinción da relación laboral no día de hoxe a razón de 59,80 €/día, o que ascende á cantidade de 33.069,40 euros.

4º. Teño o demandante por desistido da pretensión dirixida fronte a Grupo Empresas Reunidas Lenda, S.L. e fronte a Nivardo López Canoura.

5º. O Fogasa e a administración concursal das condenadas deberán aterse ao decidido nesta resolución.

Dedúzase testemuño desta sentenza á Inspección de Traballo e da Seguridade Social da Coruña e á Administración Tributaria da Coruña para que, de ser o caso, inicien as actuacións que teñan por convenientes para exixir o cumprimento da legalidade vixente en relación co pagamento parcial do salario en B do traballador demandante tanto en relación con el como coas empresas condenadas.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que conste e sirva de notificación a Ediciones Lenda, S.L., Compañía Inmobiliaria Carballal, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza