Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19524

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 763/2018).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimentos/cesamentos en xeral 763/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Blanco Arnejo contra a empresa Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido:

Estimo integramente a demanda interposta por Manuel Blanco Arnejo Contra Gimnasio Ímpetu S.L., Martín Villamil Enríquez e Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado por Gimnasio Ímpetu, S.L. con data de efectos do 11 de setembro de 2018, e debo condenar e condeno a Gimnasio Ímpetu S.L. e a Martín Villamil Enríquez a readmitir inmediatamente o traballador demandante no seu posto de traballo nas mesmas condicións que rexían con anterioridade ao despedimento e con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata a efectiva readmisión, a razón de 36,07 euros diarios, ou ben, á súa elección, a extinguir a relación laboral do demandante con aboamento dunha indemnización de 595,16 euros por despedimento improcedente.

A opción do empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

2. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia. Deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

3. Debo condenar e condeno os demandados Gimnasio Ímpetu, S.L. e a Martín Villamil Enríquez, de forma solidaria, ao aboamento das custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado da parte demandante que se fixan, en atención ás características do presente procedemento, no importe de 200 euros.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Gimnasio Ímpetu, S.L, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza