Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 22 de abril de 2019 Páx. 19514

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 1137/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1137/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Guadalupe Cortiñas Pernas contra a empresa Anjani Dermoestética, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 1137/2017.

Demandante: María Guadalupe Cortiñas Pernas.

Letrado: Sr. Quintáns López.

Demandada: Anjani Dermoestética, S.L.

Sentenza 16/2019.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2019.

Decisión.

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Guadalupe Cortiñas Pernas fronte a Anjani Dermoestética, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno o demandado a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

A dita opción deberá exercerse en cinco (5) días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que aboará a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización e de optar a empresa por ela: a cantidade de 2.228,67 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 33,77 euros/día.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e procederase ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Anjani Dermoestética, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza