Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19230

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO de notificación de sentenza (597/2018).

JVB xuízo verbal 597/2018 E

Procedemento orixe:/

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Compagne Francaise D´Assurance pour le Commerce Exterieur

Procuradora: Mónica Mourelo Pérez

Avogado: Miguel Sandalinas Collado

Demandados: Javier Vázquez Gil, Cárnicas Ruperto, S.C., Fernando Vázquez Gil

No procedemento de referencia foi ditada resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza:

Ourense, 12 de febreiro de 2019.

Vistos por Agueda Rodríguez Domínguez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, os autos de xuízo verbal nº 597/2018, sobre reclamación de cantidade derivada de incumprimento contractual

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Decido:

Estimar a demanda formulada pola entidade Compagne Francaise D'Aassurance pour le Commerce Exterieur (COFACE) sucursal en España, representada pola procuradora Sra. Mourelo Pérez e defendida polos letrados Sr. Donat i Balcells e Sr. Sandalinas Collado, contra Javier Vázquez Gil e Fernando Vázquez Gil, socios da entidade Cárnicas Ruperto Sociedade Civil, e condenar a parte demandada a aboar solidariamente á parte demandante a cantidade de catro mil quiñentos vinte e dous euros con setenta céntimos de euros (4.522,70 euros), más os xuros legais producidos desde a interposición da demanda ata o completo pagamento en relación coa contía debida.

As custas impóñense a Javier Vázquez Gil e Fernando Vázquez Gil.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de 20 días desde o día seguinte ao da notificación (artigos 455 e 458 LAC).

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos, deixando o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Javier Vázquez Gil, Fernando Vázquez Gil e Cárnicas Ruperto, S.L., expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ourense, 21 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza