Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19228

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 2179/2018).

Tipo e número de recurso: RSU. Recurso de suplicación 2179/2018.

Xulgado de orixe/autos: despedimentos/cesamentos en xeral 360/2017. Xulgado do Social número 1 de Pontevedra.

Recorrente: Manuel Ángel Currás García.

Avogada: María del Carmen Argiz Vilar.

Recorrida: Promociones y Obras Costa Atlántica, S.L. Estrada San Francisco, 10-baixo, 28005 Madrid.

Recorrido: Fogasa.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2179/2018 desta sección, seguido por instancia de Manuel Ángel Currás García contra Promociones y Obras Costa Atlántica, S.L. e contra Fogasa, sobre despedimento disciplinario, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Resolvemos que estimamos o recurso de suplicación formulado por Manuel Ángel Currás García contra a Sentenza ditada o 22 de decembro de 2017 polo Xulgado do Social número 1 de Pontevedra en autos número 360/2017, sobre despedimento obxectivo, contra Promociones y Obras Costa Atlántica, S.L. e Fogasa, e con revogación da dita resolución acollemos a demanda reitora dos autos e, en consecuencia, mantendo a declaración de improcedencia do despedimento, fixamos e condenamos a demandada a que indemnice o demandante, pola extinción do seu contrato, coa suma de tres mil oitocentos vinte e nove euros con setenta e tres céntimos de euro (3.829,73 euros) e por salarios de tramitación, ata a extinción do contrato, coa suma de oito mil setecentos setenta e tres euros con trinta e oito céntimos de euro (8.773,38 euros). Todo isto sen custas.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Para que lle sirva de notificación en legal forma á entidade Promociones y Obras Costa Atlántica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de marzo de 2019

A letrada da Administración de xustiza