Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19226

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Resolución do 5 de marzo de 2019.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo no Instituto Galego de Promoción Económica, mediante Resolución do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 51, do 13 de marzo), esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á empregada pública que se expresa no anexo desta resolución, seleccionado conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por resolución deste instituto do 5 de marzo de 2019.

Segundo. O cesamento no actual destino da empregada pública que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a empregada pública está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles senón implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa o/a empregado/a público/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante este instituto, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Apelidos e nome: Cal Ríos, Vanessa.

Número de rexistro de persoal: 3283460013 A2060.

Grupo/subgrupo: A1.

Corpo ou escala: corpo superior de administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código de posto: IN.IGAPE.00.002.4050118.

Denominación: subdirector/a de Servizos Xurídicos.

Consellería: Economía, Emprego e Industria.

Dependencia: Instituto Galego de Promoción Económica.

Localidade: Santiago de Compostela.