Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 17 de abril de 2019 Páx. 19224

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 3 de abril de 2019 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante a Orde do 20 de febreiro de 2019.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Orde do 20 de febreiro de 2019 (DOG núm. 45, do 5 de marzo), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por orde desta consellería do 20 de febreiro de 2019.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles senón implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2019

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria

ANEXO

Apelidos e nome: Bastón Vilas, Tania.

DNI: ***8978**.

Grupo/subgrupo: A2.

Corpo ou escala: 2051 – corpo de xestión da Xunta de Galicia.

Código de posto: EI.501.00.000.15770.090.

Denominación: xefatura do Servizo de Igualdade.

Nivel: 28.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Emprego.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.